Animámosvos a participar no concurso "Un poema na túa voz".
Por mor das circunstancias excepcionais que estamos a vivir, o concurso GÁLIX, cambia as súas bases para facilitar que todos o podades facer dende as vosas casas.

- Se tendes entre 6 e 14 anos podedes participar no concurso.
- Poden presentarse ata o 10 de abril.
- Escollede un poema tradicional ou de autor.
- Gravádeo cun móbil ou no ordenador (a familia, se quere, pode facervos os efectos de son).
- Mandade o arquivo a galix@galix.org
- Lembrade poñer os datos do poema!!
- Título.
- Autoría; ou tradicional, popular, se non ten autora ou autor coñecido.
- Libro de poemas ao que pertence, se fora o caso.
- Editorial, se está publicado.
- Datos da(s) persoa(s) lectora(s).
- Nome e apelidos:
- Ano de nacemento:
- Curso escolar:
IMPORTANTE!!!
- Ao concursar dende a casa poñede os datos da familia
- Nome e apelidos dunha persoa adulta responsable
- Enderezo.
- Teléfono.
- Correo electrónico de contacto.
AQUÍ VOS DEIXAMOS AS BASES

MOITA SORTE A TODOS E TODAS!
Comentarios
Publicar un comentario