DIA INTERNACIONAL DO LIBRO

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DO AUTOR
23 DE ABRIL



Un día tan especial coma este non queremos que pase desapercibido, e por iso, aínda que todxs seguemos na nosa casa, que mellor forma de comezar que escoller un bo libro. 


Para iso, incorporamos un novo enlace na marxe dereita: "LIBROS A EITO". Podedes mergullarvos e descubrir ducias de libros e soñar con ser algún dos vosos personaxes favoritos. 

Lembrámosvos que tamén podedes participar nas actividades que vos propuxemos esta semana: MINILIBROS, LIBRO VIRTUAL "AQUÍ, NA MIÑA CASA", E NOS BOOKFACE. Se pinchades no seguinte enlace atoparedes máis información sobre elas e tamén sobre o Dia Mundial do Libro.


Deixámosvos o vídeo dos BOOKFACE que nos ides enviando. Todos os mércores actualizámolo coas novas fotos. MOITAS GRAZAS!! 

                                    

DESFRUTADE DO DÍA E VIAXADE POLOS LIBROS!

Comentarios

Publicar un comentario