SEMANA DO LIBRO

Como xa sabedes doutros anos, o mes de abril coñecémolo como o mes do libro, xa que o día 2 é O Día Mundial do Libro Infantil e Xuvenil, e o 23 é o día Mundial do Libro e dos Dereitos de autor. 




Esta última data foi fixada pola UNESCO en 1995, xa que arredor dela morreron tres grandes da literatura universal, Miguel de Cervantes (morreu o 22 de abril e enterrouse o día 23), William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. 





Estes días seguro que moitos de vós volvíchedes a ler libros que tiñades na casa, ou outros “online", como os que vos deixamos en varias entradas deste blogue. Podedes aproveitar este tempo na casa para deixar voar a imaxinación a través de moitas historias, DISFRUTADEAS!! Para iso, tamén vos deixamos estes vídeos!!





                                            


Para celebrar esta semana tan especial, dende a Biblioeusebio queremos propoñervos varias actividades. Elixide a que máis vos guste ou facelas todas!


BOOKFACE: Podedes seguir mandando as vosas fotos a biblioeusebiodaguarda@gmail.com, indicando nome do alumn@, curso e título do libro,  e así seguiremos coñecendo novos libros e descubrindo as vosas ocorrencias para mesturaros coas ilustracións dos mesmos. 
Lembrámosvos que consiste en coller unha portada dun libro infantil ou xuvenil e fundirse con ela, e dicir, substituír o voso rostro ou parte do corpo coa imaxe da cuberta do libro, neste caso queremos amplialo tamén ás páxinas interiores.  
Os bookface novos que nos seguides mandado os engadiremos  ao noso vídeo todos os mércores. Moitisimas grazas!



MINILIBRO: Un pouco de origami para estes días!! Deixámosvos un enlace para que vexades o sinxelo que é! Despóis, coa vosa imaxinación e creatividade, que sabemos que é moi grande, podedes enchelo dunha pequena e bonita historia, dunha poesía, comic, debuxos...o que vos apeteza. Cando volvamos a vernos poderemos expoñelos no noso recuncho e compartilo entre todos. Deixamos un enlace onde se explica moi ben como facelo. 
               


LIBRO VIRTUAL "AQUÍ, NA MIÑA CASA". Con esta proposta queremos crear un libro con todas as vosas aportacións. Só tendes que mandarnos a biblioeusebiodaguarda@gmail.com un debuxo, unha poesía, un cómic, unha historia, un caligrama, adiviñas, rimas, refráns....todo o que queirades e que estea relacionado coa vosa estancia na casa, cos vosos sentimentos, familia, xogos que estades descubrindo, historias, libros... 

Só necesitamos que sexa en tamaño folio, A4, co nome e o curso. Podedes mandalos ata o 30 de abril, e así despois, crearemos o libro virtual para poder subilo ao noso blogue. Seguro que quedará un conto moi bonito para a lembranza. 

ANIMÁDEVOS E ANIMADE A TODAS E TODOS A PARTICIPAR! SEN VÓS ESTE BLOGUE QUEDARÍA SEN VIDA...

MOITISIMAS GRAZAS!

Comentarios