CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS

    Aínda que estamos en outubro non podemos esquecer que este curso, por mor do Covid -19, quedou adiada a celebración das Letras Galegas ata o 31 de outubro.

    Por iso, queremos lembrar a entrada que fixemos no mes de maio adicada á nosa lingua e ao noso escritor RICARDO CARVALHO CALERO. 

    Grazas a colaboración dun papá do noso cole, fíxose este vídeo tan fermoso onde se homenaxea á nosa terra, á nosa lingua, e este ano, a Ricardo Carvalho. Disfrutádeao!! 

                

                    
   
    Clicando na seguinte imaxe podedes acceder a una pequena historia, "Primavera das letras", onde poderedes descubrir porque lle adicamos un día de celebración ao galego. 

PRIMAVERA DAS LETRAS

Grazas á Real Academia Galega podemos desfrutar de materiais moi interesantes. Non deixedes de entrar no seguinte enlace para poder desfrutar deles!


  

Este ano o Día das Letras Galegas adícase ao escritor e educador Ricardo Carvalho Calero

No seguinte vídeo, grazas aos compañeiros do Centro San Pio X, podemos ver un resumo da su vida. 




EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA do Eusebio ten preparadas moitas novidades no seu blogue. Botádelle unha ollada premendo no seguinte enlace  


Mentres, na Biblioeusebio, os ratiños están esperando para que coñezades  as obras deste grande escritor, da súa vida e obra. Aquí vos deixámos dous títulos!

                                                            "As pitas baixo a choiva"                          


"E éste comic bibliográfico"

E para rematar....
Para os máis atrevidos e con ganas de pasar un bo rato,  clicade na seguinte imaxe para acceder a máis contidos e retos sobre este autor e a súa obra:





Comentarios