LIBRO VIRTUAL

Rapaces e rapazas! Agora que rematamos os bookface, xa tedes tempo para participar no LIBRO VIRTUAL! ANIMÁDEVOS.




Moitos compañeiros xa enviaron o seu traballiño para formar O LIBRO  

"AQUÍ, NA MIÑA CASA"

Só tendes que mandarnos a biblioeusebiodaguarda@gmail.com un debuxo, unha poesía, un cómic, unha historia, un caligrama, adiviñas, rimas, refráns....todo o que queirades e que estea relacionado coa vosa estancia na casa, cos vosos sentimentos, familia, xogos que estades descubrindo, historias, libros... 

Só necesitamos que sexa en tamaño folio, A4, co nome e o curso. Podedes mandalos ata o 10 de maio, e así despois, crearemos o libro virtual para poder subilo ao noso blogue. Seguro que quedará un conto moi bonito para a lembranza.

Aquí vos deixamos o video con todos os Bookface, para que vexades que entre todos podemos facer cousas moi fermosas!!


Comentarios