APERTURA: DÍA DAS BIBLIOTECAS


                      24 DE OUTUBRO 2020             
  "DÍA DAS BIBLIOTECAS"  

Benvidos e benvidas rapaces!!!


  
    Despois de tanto esperar, xa estamos de volta!

    Este ano, esperámosvos cos libros abertos e con moitas ganas e ilusión de poder voltar á nosa biblio. 

   Hoxe, celebramos o "Día das Bibliotecas", e tamén, a apertura da Biblioeusebio, aproveitando así o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón", xa que están connósco en calquera lugar e circunstancia,  ofrecéndonos acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretenemento.  
 
 Por iso, non queremos deixar que unha data tan especial pase desapercibida, e Don Eusebio e Dona Modesta queren celebralo. 

    Xa teñen todo preparado para que hoxe se abran as portas da nosa biblio!!! Pero antes, queren que coñezades moi ben as novas normas do Protocolo Covid, para que todos e todas poidamos desfrutar da biblio de forma segura. 

   Algúns rapaces de sexto prepararon un vídeo con todas elas. Esperamos que vos guste: 




Para lembralas ben, preparamos estes carteis que xa tedes nas vosas clases: 



AH!! NON OLVIDEDES MIRAR AS NOVAS DE SAMAÍN, HAI MOITAS TERRORÍFICAS!!!






Comentarios