DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Como todos os anos, o 30 de xaneiro é unha data que non podemos deixar de celebrar: O Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha ocasión para que a nosa biblioteca e o cole se comprometan como defensoras da paz e do entendemento entre persoas de distinta procedencia e formas de pensar. 

Coa participación de todo o cole, e grazas a proposta do Equipo de convivencia, puidemos decorar esta pomba cunha chea de fotos de todos os nenos e nenas, aínda que faltan unhas pouquiñas!! 

Tamén deixámosvos unha selección de libros sobre esta temática.


    Este curso, co proxecto de centro "O Eusebio de aquí, acolá e máis alá", os nosos ratiños Dona Modesta e Don Eusebio, pedíronlle axuda a todos os nenos e nenas do cole para que lles buscaran información de diferentes países e así poder facer unha viaxe polo mundo.

    Por iso, todo o cole esta a decorar as portas con imaxes dos diferentes países, e como hoxe estamos de celebración, aproveitamos para poñer mensaxes  e estudiar os Premios Nobel da Paz. 

    Mirade que traballo en equipo tan fermoso!! Ainda que todos os mestres e nenos e nenas están a traballar moitisimo, algunhas están sen rematar, así que máis adiante ensinarémosvos o resultado final. Agora, un pequeno adianto. 


                                                               

 

Tamén vos deixamos un conto e un corto moi bonitiños para desfrutar e reflexionar en familia. 

Feliz día!!













Comentarios