O EUSEBIO DE AQUÍ, ACOLÁ E MÁIS ALÁ

             Querida comunidade educativa: familias, mestres, alumnas e alumnos

Neste curso 2020-2021 entramos a formar parte do chamado PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia), un plan que parte da biblioteca pero que afecta a todo o centro no seu conxunto esixíndonos certos compromisos por parte de todos nós.

          Un deles é o desenvolvemento dun PDI (PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO), é dicir, un proxecto común no que toda a comunidade educativa comprométese a traballar arredor dun tema elixido. Neste caso o título que lle da nome ao noso proxecto é

O EUSEBIO DE AQUÍ, ACOLÁ E MÁIS ALÁ


          Xa que estamos a vivir unha situación tan atípica, pareceunos axeitada e atractiva a idea de poder viaxar sen saír da casa, empezando por descubrir Galiza e a nosa cultura, para así despois seguir investigando diferentes países. Con este proxecto poderemos elaborar unha guía de viaxe para as nosas mascotas, os ratiños Don Eusebio e Dona Modesta, que teñen moitas ganas de facer unha escapadiña cando todo isto pase.

Estarán encantados de coñecer da gastronomía, fauna, flora, arte, arquitectura, personaxes famosos….de todos aqueles lugares que visitemos. 

       Así que compañeiros de viaxe, estade ben atentos!! Máis adiante recibiredes información por parte dos vosos titores e titoras para saber que país tedes que investigar cos nenxs, por suposto, de xeito voluntario.  

A continuación podedes ver un pequeno vídeo de presentación do noso proxecto. 

Esperamos que vos guste!

Moitas grazas de antemán


                          


Atentamente,

 

                                                          O Equipo de Biblioteca do Ceip Eusebio da Guarda


Comentarios