11 F: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Esta semana, o xoves día 11 celébrase o

Día Internacional da Muller e 

a Nena na Ciencia 



    Dende a Bilbioeusebio queremos reinvidicar a igualdade no mundo científico e, para homenaxear a todas estas mulleres, deixámosvos por aquí algunhas cousiñas que esperamos que desfrutedes. Lembrade que temos preparada unha selección de libros moi interesante!




    No Eusebio de aquí e acolá queremos destacar mulleres que loitaron ou loitan, en diferentes países, por facerse un oco no mundo científico. Aquí vos deixamos algúns exemplos: 


1-. Científicas italianas que estudan como deter a propagación da Covid

2-. Elisabeth Blackburn, Bioquímica australiana ganadora do Nobel de Medicina

3-. Angeles Alvariño de Ferrol. Precursora da investigación oceonográfica mundial

4-. Luz María Alonso de México é unha Experta robótica

5-. Ada Lovelace de Reino Unido. Considerada a 1ª programadora


6-. Hipatia, procedente de Egipto. Podemos dicir que foi a 1ª matemática. 

7-. Tebello Nyokong de Sudáfrica. Decíanlle que a ciencia sería moi difícil para ela, pero o seu convencimento convertiuna nunha grande quimíca.

8-. María Manuel Mota de Portugal creou un kit para detectar o coranovirus

9-. Paola Vega Castillo. 1ª Doutora en electrónica de Costa Rica. 


    Para poder ver outras historias , premede no seguinte enlace e accederedes a unha serie de animación: 

SERIE DE ANIMACIÓN EN LA CIENCIA


    E desmontando tópicos....este vídeo de "Corazón investigadora"



Para desfrutar un ratiño, " CÓMO DEDICARME A LA CIENCIA"



    E por se queredes traballar un pouquiño máis, tamén podedes premer no seguinte enlace onde atoparedes tarefas e recursos para traballar da " A fiestra da maestra"



FELIZ DÍA!






Comentarios