ROSALÍA DE CASTRO

 

  O día 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalia, data do nacemento da autora no ano 1837. 

  O EDLG propuso para conmemorar dita data, unha actividade única:

 LEVAR A ROSALÍA POLO MUNDO ADIANTE. 

  

    Aproveitando o proxecto do cole "O Eusebio de aquí, acolá e máis alá", no que estamos a investigar diferentes países para ofrecerlle aos nosos rartiños Dona Modesta e Don Eusebio un libriño de viaxe, tamén tentaremos levar a nosa lingua a moitos lugares, e que mellor forma que da man de Rosalía. 

    Para iso, cada curso, colocou a imaxen da nosa escritora Rosalía cun texto ou poesía no país que está estudando. Fíxádevos a canto lugares chega a nosa lingua!!! 

    Un traballo fermoso que acompañamos dunha pequena selección de libros que esperamos vos gusten. Esta é a nosa homenaxe! 






    Mentres tanto, podedes desfrutar dos seguintes enlaces con moita información e actividades. 

   Para empezar, premendo neste enlace "O ASTRO DE ROSALÍA", descrubriredes unha estrela que a partir de agora leva o nome da nosa escritora galega. Sitúase na constelación de Ofiuco e pode albiscarse cuns primásticos. 

    Outro enlace moi interesante e con o que aprenderedes un montón é este!!

   ¿CANTO SABES DE ROSALÍA 

    Tamén, na páxina da súa Fundación, podedes consultar máis información  

 FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO

E para seguir desfrutando en familia e gracias ao CEIP Manuel Murguía...


Comentarios