8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 O día 8 de marzo celebramos o 

Día Internacional da Muller. 

    Este curso, no que estamos levando a cabo o Proxecto "O Eusebio de aquí, acolá e máis alá", queremos celebralo dun xeito especial,  por iso, grazas a colaboración do Equipo de Convivencia, dende o noso centro queremos adicarlle un apartado especial a aquelas mulleres que foron importantes nos países que estamos a estudar. 

  Os traballos de todas as clases están expostos na entrada do cole formando unha árbore moi fermosa.  Un traballo de todxs para todxs. Esperamos que vos guste. 


       Don Eusebio e Dona Modesta teñen prepa   rada unha sorpresa para hoxe. Trátase dun contacontos moi especial: FLOR Y EL REINO DEL SILENCIO. Se premedes neste título poderedes descubrir de qué se trata. SORPRESA!!

  Ademais, os nosos ratiños seleccionaron varios materiais para que desfrutedes deste día. Para empezar, atoparon este xogo moi divertido: 

"O Pasapalabra do Día da Muller"

 

E  tamén, para os máis científicos....premede en cada casilla da

"Tabla periódica de las científicas"


E para un momentiño de lecer tranquilo...engadimos dous libros novos á nosa estanteria


      

   Tamén queremos que coñezades, non só a mulleres importantes de diferentes países do noso proxecto, senón tamén a outras da nosa contorna, por iso, no seguiente enlace tedes un recopilatorio de mulleres galegas e deportistas. Bravo por todas elas!


E para rematar...12 mulleres que cambiaron a ciencia


FELIZ DÍA!!

Comentarios