23 ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

    


 O venres 23 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro, e dende a Biblioeusebio queremos celebralo con vos. 

    A Don Eusebio e Dona Modesta gustaríalles saber cal é o voso  libro favorito, por iso, organizaron unha actividade moi chula, o Tendal do Eusebio, onde colgaremos todos os bonecos que decorastedes cos vosos contos favoritos.  No seguinte enlace podedes ver algunhas ideas para facer os bonecos: 


    Mirade que bonitiño quedou un dos nosos corredores!!











 Aproveitando que estamos en primavera... Apeteceriavos ler un pouquiño ao aire libre? Pois os vosos titores e titoras sairán con vos para que podades ler na Praza de Pontevedra e desfrutar dun momento especial. Seguro que non o esqueceredes!!
    

    Mentres tanto, os nosos ratiños preparáronnos moitas cousiñas interesantes para desfrutar en familia.



    Pero primeiro é importante saber porqué celebramos este día tan especial a nivel mundial, o 23 de abril, así que abride ben os ollos e as orellas e a desfrutar da historia que nos contan nestes videos.



    Para os rapaces un pouquiño máis maiores, podedes desfrutar no seguinte enlace dunha serie de Rutas literarias por os sitios onde naceron importantes escritores de España. Sabedes quen sae? A nosa Rosalía de Castro! Non dubidedes en mergullarvos nesta aventura!

RUTAS LITERARIAS


     E para pasar un bo rato... Que vos parece unhas manualidades? Propoñemosvos un pouquiño de origami para facer uns separadores chulisimos para os vosos libros. Seguro que vos quedan preciosos! 




FELIZ SEMANA DO LIBRO!

VÉMONOS PRONTO!


Comentarios