
O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril, coincidindo co natalicio do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxectivo, é espertar o interese e amor polos libros e a lectura facendo diso un hábito de vida.
Hans Christian Andersen, foi o creador dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo como o Patito Feo, Pulgarcita, o Soldado de Chumbo ou a Sirenita e que tamén foron levados ao teatro e á gran pantalla.
A asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GALIX, como todos os anos, lembranos que dende 1967, o IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración desta data.
Este ano, Galix representa ao ámbito lingüístico galego participando na realización dun video conxunto con persoas de diferentes idades e sectores que podemos desfrutar no seguinte enlace.
"A música das palabras"
O texto pertence a escritora de orixe cubano Margarita Engle
ESPERAMOS QUE O DESFRUTEDES
BO DÍA!!
Comentarios
Publicar un comentario