MAIO E AS LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS

     O mes de maio é un mes cheo de ledicia, de flores, de música, de letras....por iso queremos empezar adicándolle un video aos Maios, tradición galega dende hai moito tempo na nosa terra. 



    Grazas ao Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, realizamos entre todos o noso Maio, o Maio do Eusebio! Quedou ben bonito!




    Agora imos coñecer a Xela Arias, unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea, tamén editora e tradutora que este ano é homenaxeada pola Real Academia Galega o 17 de Maio, Día das Letras Galegas.  Nos seguintes enlaces tedes un pequeno resumo da súa vida.

  



     
Os nosos compañeiros e compañeiras do Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaboraron unha entrada no seu blog que podedes ver premendo no seguinte enlace. Alí descubriredes o motivo desta celebración, información sobre Xela, páxinas con recursos variados e moitas cousiñas máis que non deberíades deixar de ver. Premede no seguinte enlace e a desfrutar!!!

 O herbal de Xela


    Por certo, sabíades que Xela confesou que de poder escoller a súa reencarnación sería nun Lou Reed feminino? Para os que queirades  escoitar a este músico....premede no seguinte video!


   Os ratiños da nosa Biblio mercaron estes libros de Xela para poder mergullarnos nas súas historias! Están esperando por vós no moble das Novidades!!

              
    

    Aquí vos deixamos unha canción sobre o poema de Xela "DARIO A DIARIO". Tamén poderedes atopalo no Seminario Galán xunto con moitos recursos máis. As ilustracións  que veredes a continuación fixéronas alumnas do noso centro. NORABOA!!


   E para desfrutar e mover un pouco o corpo despois de tanta información e cultura, aquí tedes un pouco de diversión en familia!!

FELIZ MES DE MAIO!!

Comentarios