O EUSEBIO DE AQUÍ, ACOLÁ E MÁIS ALÁ

 O EUSEBIO DE AQUÍ, ACOLÁ E MÁIS ALÁ

                              

       Bos días a todas e todos,

       Dona Modesta e Don Eusebio queren mandarvos unha mensaxe.

      Está a piques de rematar este curso, un ano diferente a todos os demáis, un ano especial por moitos motivos, pero eles queren quedarse coa mellor lembranza de todas! O esforzo e a unión que fixéstedes todos e todas para que este curso fora o mellor posible, e tamén para chegar a un obxectivo común, aprender moitísimo sobre diferentes países e compartir as vosas aventuras con todos. 

    Gustaríalles que todo o mundo puidese entrar no cole e ver o fermoso que está, as súas bandeiras, portas decoradas, exposicións polos corredores....pero este curso non pode ser, esperamos que para o seguinte podamos recibiros coas portas abertas a todas as familias. 

    Para que todos o desfrutedes, os nosos ratiños fixeron un video onde se recolle unha pequena mostra de todo o traballo feito.  

    GRAZAS, GRAZAS E MIL GRAZAS A TODOS E TODAS: RAPACES, RAPAZAS, MESTRES, FAMILIAS E PERSOAL DO CENTRO


                   

FELIZ VERÁN

Comentarios