XA ESTAMOS DE VOLTA!! QUE INVESTIGAMOS??

                OLA A TODAS E TODOS! 

 

Os nosos ratiños, DON EUSEBIO E DONA MODESTA, xa están de volta no cole, despois dun verán fantástico e cheo de aventuras grazas a todos vós.

Foi tanto o que aprenderon, descubriron e desfrutaron na súa viaxe polo mundo, que non queren deixar de aprender e coñecer cousas novas.

O problema é que non son capaces de poñerse de acordo sobre que queren investigar e coñecer este curso, e levan días e días na biblioteca dándolle voltas ao asunto.

A Don Eusebio quedáronlle ganas de saber máis cousas da nosa marabillosa terra, mentres que Dona Modesta quere descubrir grandes inventos e experimentos, así que pensando e pensando… queren saber a vosa opinión!

Ocorréuselles a idea de facer unha votación o MERCORES DÍA 29 DE SETEMBRO! Así que todos os nenos e nenas do cole, xunto cos profes, poderán votar nas súas aulas, e o tema elixido terán que introducilo na urna que estará na entrada do cole. 

Así que xa sabedes…..este curso entre todos decidiremos que investigar:

 EUREKA, e aprender moito sobre inventos ou...

 SER GALEGO MOLA e descubrir a nosa terra!


Pero antes, os ratiños queren que vexades un vídeo que prepararon para todos e todas vos.        



                GRAZAS A TOD@S E QUE COMECE A AVENTURA!

Comentarios