BIBLIOEUSEBIO ABRE AS SÚAS PORTAS: 18 OUTUBRO, DÍA DAS ESCRITORAS

 Por fin xa é 18 de outubro e a Biblioeusebio abre as súas portas para toooodo o mundo. Don Eusebio e Dona Modesta están moi emocionados. 

Levan traballado moito organizando a biblioteca, mercando novidades lectoras, creando novos recunchos e moitas sorpresas máis que iredes descubrindo pouco a pouco. 

Para comezar, queren contarvos que hoxe, 18 de outubro, celébrase o Día das escritoras, e gustaríalles moito que investigásedes sobre a vosa escritora favorita e sobre algún libro que coñezades dela. 

Lembrade que tanto na biblio como na entrada do cole podedes desfrutar dunha pequena exposición. 


Como estamos comezando o curso, deixámosvos un calendario moi bonito onde atoparedes curiosidades sobre moitas escritoras, e así tamén  poderedes organizar as vosas tarefas.


Outro enlace ao que podedes botarlle unha ollada: "TOP" AUTORAS ESPAÑOLAS

E por último, este Genially para que pasedes un bo rato.



FELIZ SEMANA! ESPERÁMOSVOS NA BIBLIO!

Comentarios