PRESENTACIÓN Á COMUNIDADE EDUCATIVA: EUREKA

 EUREKA

Querida comunidade educativa: familias, mestres, alumnas e alumnos

Neste curso 2021-2022 levaremos a cabo un proxecto no que  traballaremos xuntos, compartiremos experiencias e conseguiremos aprender dun xeito diferente.

Viaxarémos a través do tempo, descubrindo  inventos e inventor@s extraordinar@s dende a prehistoria ata idade actual, a súa orixe, historia, curiosidades...

Entre todo@s remataremos o curso realizando unha exposición por todo o centro e resumindo nunha liña do tempo o máis significativo da nosa aprendizaxe.

Os ratiños da nosa Biblio, Don Eusebio e Dona Modesta, axudarannos compartindo libros, historias, e moitos recursos máis que iredes coñecendo pouco a pouco.

 

    Así que estade moi atentos xa que máis adiante recibiredes información por parte dos vosos titores e titoras para saber que etapa histórica ou inventor@ tedes que investigar cos vosos fill@s, por suposto, de xeito voluntario.

 

Moitas grazas de antemán!

Comentarios