20 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL

 2O MARZO:  DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL

Co inicio da primavera celebramos esta data que dende o ano 1991 celébrase de xeito internacional, contando historias en todo o mundo, en todos os idiomas e durante todo o día e a noite.

Este curso, dende a Biblioeusebio, queremos formar parte deste fenómeno social, familiar e cultural que é a transmisión de historias, coñecementos, mitos e lendas que chegaron ata as nosos días a través da fala e da escoita.
 
Por iso, poñemos en marcha a actividade "Saímos de contos". Durante as próximas dúas semanas, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria contarán e lerán contos aos rapaces e rapazas de infantil, 1º, 2º e 3º.
        




Deste xeito converteremos ao Eusebio, que xa é un lugar cheo de historia, nun espazo máxico onde as lendas cobrarán valor por se mesmas, polo xeito de contalas e por o interese que espertarán nos nenas e nenos que as escoiten. 

Animámosvos a que nas casas, desfrutedes e aproveitedes para contar e escoitarvos entre vos, maiores e pequenos, avós, tíos, curmáns, amigos...calquera situación é axeitada para deixar voar a imaxinación ou coller un conto e compartilo, inventar historias a partir de fotos, cancións, frases... Que os maiores conten as súas historias persoais, anécdotas...Todo o que se vos ocorra servirá para celebrar esta data e dar renda solta ás palabras. 

O poeta León Felipe, quere homenaxear este día cun poema moi fermoso os relatos, contos, historias que, a viva voz, acompáñannos dende os albores da humanidade, nos nosos medos, descubrimentos, dúbidas, tristezas, loitas, soños e celebracións.  

"Yo no sé muchas cosas, es verdad. Digo tan sólo lo que he visto. Y he visto: Que la cuna del hombre la mecen con cuentos, que los gritos de angustia del hombre los ahogan con cuentos, que el llanto del hombre lo taponan con cuentos, que los huesos del hombre los entierran con cuentos, y que el miedo del hombre… ha inventado todos los cuentos. Yo no sé muchas cosas, es verdad, pero me han dormido con todos los cuentos… y sé todos los cuentos.”

No seguinte enlace, poderedes acceder a diferentes actividades que terán lugar na Coruña e Galicia: Agenda de actividades na Coruña


E neste video o contacontos "Cacerolo"

Con esta data tamén queremos dar conta que na nosa sociedade vivimos preto de moitas circunstancias que amosan que cada persoa exprésase dun xeito non mellor nin peor senón diferente. Exemplo desta situación temos á Ministra  Portuguesa Joacine Katar Moreira. Por iso, lembrarvos que é moi importante apoiar e dar visibilidade a todas elas. 



                                    FELIZ DÍA E FELIZ SEMANA!


Comentarios