8 Marzo: Día da Muller Traballadora

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller Traballadora.
Este ano 2022 reivindícase os dereitos das mulleres baixo o lema "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. 


Dende o cole queremos resaltar a importancia da muller e promover actividades que traballen esta igualdade, por iso, este curso todas as nenas e nenos escribiron sobre unha muller importante da súa vida ou sobre mulleres importantes da historia.

Aproveitamos para colocalas todas xuntas cunha chea de zapatos e libros que están esperando por vós!




Deixámosvos este Genially feito polos compañeiros de CEIP Ramón Otero Pedrayo no que atoparedes moitos recursos literarios para todas as idades. Non deixedes de velo!
FELIZ DÍA A TODAS AS MULLERES!!

Comentarios