Bo día rapaces e rapazas!!
Despois das merecidas vacacións de Semana Santa, queremos celebrar con todos vos este día tan importante, o Día do Libro!!!
Este ano adícase a un escritor da literatura galega actual, tamén tradutor e editor "Xosé Ballesteros", de quen coñecemos moitas das súas obras:
Este ano, quixo deleitarnos cun pequeno texto que acompaña ao cartel desta celebración e que fai referencia a esa parte menos visible do libro: á viaxe que inician os autores e ilustradores con paradas en editoriais, imprentas, librarias.... Para finalmente, atoparnos cun marabilloso libro.

Para celebrar esta data os nosos ratiños propuxéronvos convertiros en booktubers e...
Conseguíchedelo!!
Grazas a vosa colaboración temos una chea de recomendacións que seguro vos encantará ver. Temos que agradecerlle tamén ao Equipo TIC,s a súa axuda xa que fixeron esta marabillosa montaxe.
Esperamos que vos guste e que vos animedes a ler todas as recomendacións!!
Noraboa a todas e todos os youtubers do Eusebio!! Fixéchedelo xenial! GRAZAS!!
PREMEDE NO ENLACE AZUL PARA VER OS VIDEOS!!
BOOKTUBERS PRIMARIA: PRIMARIA
BOOKTUBERS INFANTIL: INFANTIL
BOOKTUBERS PROFES: PROFES
Comentarios
Publicar un comentario