15 MAIO: Día da Familia

Hoxe máis que nunca “Queridas familias”:



Esta entrada non podería comezar doutra maneira, pois como cada 15 de maio celebramos o “Día Internacional da familia”

Altas- baixas, grandes-pequenas, con  1, 2 3 ou 10 membros, de aquí ou de calquera outro país, todas diferentes pero iguais nese vínculo que as une e que fan de cada casa un fogar.

Desde o “Equipo de convivencia”  arranca esta conmemoración que desde a "Biblioeusebio" acompañamos  cunha exposición de libros sobre familias moi dispares. Historias que nos adentran na identidade de cada unha lembrando a importancia da diversidade e a inclusión de todas elas. 




FELIZ DíA DA FAMILIA!!!!!

Comentarios