BIBLIOTECA ESCOLAR INCLUSIVA

Unha biblioteca por e para tod@s

Éste é un dos moitos retos que desde a Biblioeusebio pretendemos acadar para  responder, realmente, ás necesidades de todas e todos os que formades parte da nosa Comunidade Educativa; e en especial, ás de todo o alumnado do centro.

Sabemos que aínda nos queda moito camiño, pero cada acción conta. Na biblio atoparedes os libros organizados en seccións con cartaces grandes e visibles así como  adhesivos pictográficos coa temática nos libros informativos e nos de literatura infantil e de primeiros lectores.

Preparamos recantos, tanto na propia biblio como noutros lugares do cole, que invitan á reflexión, a calma, e fusionan momentos de lecer e concentración co enriquecemento persoal individual e máis en grupo.

Lembrade que, na Biblioeusebio podedes acceder tamén a libros de pictogramas e de "Fácil lectura" así como recursos sensoriais (a mesa de luz)  e audiovisuias (ordenadores  e tablets das que podedes facer uso)

Nos estantes de novidades ampliamos a adquisición de lecturas inclusivas que nos abren a xanela á diversidade e o respecto polas diferenzas que nos unen: 

Entre eles xa podedes desfutrar deste libro: "TEA". Na rede atopamos este vídeo  pero non hai como desfrutalo nas túas mans.

Comentarios