O RATO PÉREZ INSTÁLASE NO EUSEBIO

No mes de marzo, atopamos a un inquilino inesperado nun pequeno recanto do cole.
O Rato Pérez atopou un lugar do máis acolledor entre as paredes do Eusebio e instalouse para quedar.

Como entre ratiños se entenden, os dous roedores máis queridos da Biblioeusebio, Don Eusebio e Dona Modesta,  argallaron unha proposta do máis "MÁXICA".
Acordaron colaborar co Rato Pérez agasallando ao alumnado na caída do seu "1º dente durante o curso escolar".

As condicións para recibir un detalliño especial son as seguintes:
  • Aquela nena ou neno a quen lle caia un dente ao longo do curso escolar (desde setembro a xuño), deberá poñelo en coñecemento do seu titor/a.
  • A alumna ou alumno, solicitará o seu agasallo a través dun documento que entregará na caixa de correos do Rato Pérez.
  • Cando os ratiños reciban a solicitude, un/unha membro do Equipo de Biblio acompañará ao alumnado ao recanto do Rato Pérez para recoller o agasallo.

                                          

En Educación Infantil xa apareceron as/os primeiras/os afortunadas/os, e xa son moitas as solicitudes recibidas ata o momento.


Como os ratiños non queren que ninguén quede sen o seu agasallo, esta actividade continuará nos vindeiros cursos , así que non vos preocupedes se aínda non vos caeu ningún dente, de seguro o vindeiro curso acontecerá tan esperado momento. 
Namentres, a cepillar e manter ben limpiños os vosos dentes.

Comentarios