PDI: FIN DE PROXECTO

    Chegados ao mes de xuño podemos dar por rematado o proxecto "EUREKA", que comezamos alá polo mes de xaneiro. Unha viaxe ao longo da Historia e os inventos que marcaron un antes e un despois nas nosas vidas tal e como as coñecemos a día de hoxe.


    Grazas a moito esfrozo e traballo de investigación, documentación e creación, hoxe podemos percorrer o cole coma se dun museo de historia se tratase.

    No seguinte ENLACE podedes viaxar por ese museo  dos  inventos de todos os tempos.

           


    Comezando pola entrada principal, a liña do tempo remóntanos a 5-7 millóns de anos atrás ata a primeira aparición da especie humana na Prehistoria. As alumnas e alumnos de E.Infantil amosaron ser grandes investigadores desta etapa achegándonos descubrimentos coma o lume, as ferramentas e armas paleolíticas, a música, a arte rupestre, a roda, artiluxios de pesca e caza,  inventos da agricultura e gandeiría (como o arado) e tamén a olaría os dólmenes e  petroglifos



    Paseando polos  seus corredores podemos gozar das maravillas das covas sentíndonos verdadeiros cavernícolas.






    Se subimos ao 1º andar avanzamos ata a Idade Antiga co inicio da "escritura": a civilización exipcia, grega e romana, deleitarannos co seu saber e grandiosidade: escritura (xeroglífica e alfabética), coñecementos matemáticos, o reloxo solar, a guitarra, arquitectura (faros, rúas, edificios, arcos e pontes romanas,...) catapultas, foron algún dos inventos máis sorprendentes destas grandes culturas.






    Se desexades vivir unha aventura en profundidade e  adentrarvos no mundo das pirámides do Antigo Exipto (como así o fixo o alumnado de 2º E. P)  ésta actividade interactiva é o que estabades a buscar:

    Continuando coa nosa particular viaxe polo tempo, e dirixíndonos cara o outro edificio do cole, entramos na Idade Media, na que a invención dos muíños e o xadrez, deixaron en xaque aos investigadores desta época. Poderemos desfrutar da súa exposición que, ata final do curso,  decorarán as paredes de todo este andar.

                                              






    Subindo as escaleiras, coma se dunha máquina do tempo se tratase,  chegamos á Idade Moderna, que se inicia co gran descubrimendo de "América".




    Ao longo destes anos xurde a arte e música do Renacemento e nacen mentes extraordinarias coma a de Leonardo DaVinci, un dos grandes INVENTORES de tódolos tempos.




    E xa por último, chegamos  á fin desta viaxe no tempo botando unha ollada á Idade Contemporánea. 

  Con ela chega a Revolución Francesa e a revolución do pensamento. Os grandes cambios sociais e os avances no campo da ciencia e a tecnoloxía, acompañan a proliferación de inventoras e inventores. 

    O alumnado de 3º ciclo, achégannos os nomes e historia das e dos responsables de moitos inventos que forman parte da nosa vida.


Moitas grazas a todas e todos as/os que fixestes posible este proxecto. 


Comentarios