OS XOGOS OLÍMPICOS, SÍMBOLOS DE PAZ

 


O 30 de xaneiro, como cada ano, terá lugar na nosa escola a celebración do Día Internacional da Paz e a non violencia.

Cando falamos desta celebración é inevitable pensar en símbolos como a pomba Branca, o círculo coas tres liñas no seu interior,....



Pero se dos "Xogos Olímpicos" falamos, poderiamos dicir que son unha declaración de paz e unidade en sí mesma. Trátase dun evento deportivo que invita á unión da humanidade e a diversidade cultural, unha coexistencia a través do deporte.

Esta semana, dende a BiblioEusebio, propoñémosvos descubrir algúns dos símbolos olímpicos relacionados coa Paz.

  • Os aros olímpicos:


Os 5 aros representan aos 5 continentes, América, Europa, Asia, África e Oceanía, porque hai deportistas de cada un deles. Ademais os aros están entrelazados, para representar a unidade.

Sabias que....?

Ao longo da historia relaciónase cada unha das cores con cada continente, pero hai bastante controversia. O certo é que o azul, negro, amarelo, verde e vermello (e máis o branco do fondo) elexíronse de forma de que tódalas bandeiras  dos diferentes países, tiveran, polo menos, unha das súas cores. Desta maneira, tódolos países están representados.


Atréveste a comprobalo?



  • O facho Olímpico:
O seu lume representa, a unidade, a paz e a deportividade entre as nacións participantes.

Sabías que.....?

Préndese o lume do facho, na cidade de Olimpia (Grecia) utilizando un espello parabólico no que se reflicten os raios do sol?
A partir de ahí, o lume viaxa polas diferentes cidades e países transportada por atletas a modo de relevos. 
Este percorrido remata na cerimonia de apertura prendendo o "pebetero olímpico" transmitindo valores como a paz, a unidade e a deportividade e os ideais de excelencia, amizade e respeto.

  • As paraolimpiadas:
As paraolimpiadas son un claro exemplo de diversidade e inclusión. O símbolo paralímpico "Agitos", consiste en tres elementos de cor vermella, azul e verde. tres das cores máis representadas nas bandeiras de todo o mundo.
Os tres "Agitos" (do latín "Móvome") simbolizan o movemento e fan énfase na reunión dos /das atletas de todo o mundo.

Para divertirnos e aprender xogando:




Comentarios