Ola familias,
Dende Biblioeusebio esperamos e desexamos que esteades todos e todas moi ben.
Hoxe, como todos os anos, comezamos a celebrar o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL", aínda que dun modo diferente, xa que cada un o fará dende a súa casa.

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, promovese a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de dar a coñecer os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano seleccionase un escritor/a representativo/a e a un recoñecido/a ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos/as do mundo e o cartel que se distribúe para a promoción da celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarías, etc.
Este ano correspondeulle á sección de Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetina (co título de «Fame de palabras»), ilustrado por Damijan Stepančič. Parte da mensaxe deste ano fala de que "...as palabras nos poemas e nos contos son alimento. Non alimento para o corpo, nada que poida encher o estómago. Son alimento para o espírito e para a alma"...

Para conmemorar este día iremos facendo difererentes propostas ao longo da semana: lectura de contos, videos, recomendacións...
Comezamos cun pequeno video sobre a vida de Hans Andersen
VIDEO CUENTOS DE ANDERSEN

Dende o Salón do Libro Virtual (Salón virtual, pinchar aquí) podedes acceder a moitas propostas interesantes e divertidas. Por exemplo, hoxe podedes desfrutar de...
CUCÚ
CON MARÍA FALTRI E JORJE JUNCAL
Tamén animámosvos a que participedes no concurso
"UN POEMA NA TÚA VOZ"
Esperamos que desfrutedes un montón!!
Comentarios
Publicar un comentario