17 MAIO: A PRIMAVERA DAS LETRAS, A ARTE E A CULTURA

Eiquíven o maio cargado de……..flores, cantigas, poemas, cine, deporte, inclusión, tolerancia,…

Este mes, no cole, houbo moito que celebrar e reivindicar: “premios no certame de cinema na escola”, “deportitas de medalla con moito futuro”, “Día do acoso escolar”, “Día da familia”…

E hoxe, toca conmemorar un día especial para todas as galegas e galegos do mundo, “O Día das Letras Galegas”; este ano adicado a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, un gran defensor do idioma galego que nos  deixou obras como Bebedeiras, e unha gran recompilación de poemas.


Desde Biblioeusebio, invitámosvos a consultar libros bibliográficos nos que coñecer máis da súa vida  e desfrutar  da súa obra na nosa sección de poesía.

Non deixedes de visitar o blogue  de  "Saca a lingua a pacer" no que as nosas compañeiras e compañeiros do equipo EDLG prepararon unha gran selección de recursos sobre o homenaxeado. 

Pero no Día das Letras Galegas non só fomentamos a lectura e o tratamento da información senón tamén o descubrimento e arraigo dunha identidade propia, unha lingua, unha terra,un sentimento. O pasado día 12 de maio e despois de tanto tempo; podemos compartir, de novo, ese sentimento xuntos  no festival das letras.

Non faltaron cancións, baile e sobre todo bo humor e moita emoción coa lingua galega como protagonista neste día tan esperado. Estade atentos/as á web do cole para acceder ao vídeo resumo do Festival 2022.

 

 

Comentarios