DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Xa estamos en abril! E que mellor forma de empezalo que celebrando este día tan importante.

Como xa vos contamos o luns, hoxe xoves 2 de abril, é o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.


 Neste enlace podedes ver a quen se lle adica e dous videos sobre Hans Christian Andersen. 

Tamén queremos recodarvos que podedes participar no concurso




Por outra banda, os nosos ratiños da Biblioeusebio están moi pendentes de todos vos, e hoxe deixáronnos estas cousiñas. 


Para os máis pequenos 


                                          EL CAZO DE LORENZO

            


E para os máis maiores....e da man de Hans Christian Andersen...



EL TRAJE NUEVO DEL EMPERADOR

  


Tampouco queremos deixar pasar un día tan importante como o de onte, 1 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA TEMÁTICA LGTBI. Dende a Biblioeusebio sentímonos orgullosas e orgullosos de ser respetuosos con todos e cada un dos tipos de familias que existen na nosa comunidade e no mundo, por eso, deixámosvos este conto para coñecer os diversos tipos de familias que existen. 

Despois podedes representar a vosa familia cun debuxo, con botóns ou cos materiais que queirades, como no conto!!


                                        



Outra actividade que queremos propoñervos é a seguinte: crear un bookface 


Consiste en coller unha cuberta ou portada dun libro infantil ou xuvenil e fundirse con ela, e dicir, substituír o voso rostro ou parte do corpo coa imaxe da cuberta do libro, neste caso queremos amplialo tamén ás páxinas interiores do libro, se utilizades este último método indicaredes tamén o título e autor/a da obra. A través deste xogo queremos  promocionar a lectura destes libros infantís e xuvenís a través das vosas propias recomendacións.

Se procurades "Bookface" nun explorador de internet aparecerán moitos exemplos realizados por outras persoas en distintos lugares do mundo.

Para remitirnos as imaxes será necesario enviar un correo dirixido a biblioeusebiodaguarda@gmail.com,  achegando a imaxe como arquivo adxunto e indicando o nome e curso do neno/a (aínda que xa sabedes que podedes participar en familia), e se fose necesario tamén nos indicariades o título e autor/a do libro.


Esperamos as vosas creacións!!




Comentarios